![BancoSolidarioInstrumentos_edit.jpg](https://static.wixstatic.com/media/9388ff_715e816b444b43299d8c7e5951d0fa2a~mv2.jpg/v1/fill/w_81,h_105,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,blur_2,enc_auto/9388ff_715e816b444b43299d8c7e5951d0fa2a~mv2.jpg)
Banco Solidario de Instrumentos
Se hai unha característica a destacar entre outras moitas, é a conciencia solidaria da nosa comunidade educativa. De aí nace por exemplo, a creación dun “Banco Solidario de instrumentos” para que aqueles discentes que se viven situacións económicas ou familiares complexas, poidan gozar e aprender con estes instrumentos tanto en clase como na práctica instrumental diaria nas súas casas.
Esta iniciativa foi financiada e promovida co inestimable apoio da nosa ANPA Río Tella. Os pais e nais que a constitúen, realizan un traballo excepcional en todos os sentidos. Pero, como Mestre Especialista de Ed. Musical, debo destacar a súa especial sensibilidade e apoio cara todo o relacionado con esta área educativa tan importante para o desenvolvimiento intelectual dos discentes.
No noso “Banco Solidario de Instrumentos”, dispoñemos entre outras cousas de; Ukeleles e fundas, púas, afinadores, frautas con sordina, pandeiretas… Todo isto, grazas á boa xestión que fai nosa ANPA coa solicitude de axudas económicas a diferentes entidades, sempre con fins educativos e solidarios. Apoiando así ao CEIP Plurilingüe dá Ramallosa na dotación de ferramentas educativas para mellorar os recursos e en consecuenca a calidade educativa do centro.
Ver aquí nova publicada na web sobre o Banco Solidario: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramallosa/node/2582
Pero a maiores de todo isto, grazas tamén ao apoio económico de nosa ANPA, puidemos dotar a aula doutros instrumentos que brindan un mundo de posibilidades educativas aos alumnos/ as. Estou a falar da iniciación instrumental en instrumentos moi pouco habituais nas aulas regradas; o “baixo eléctrico e a batería”. Comparto ligazón a publicación web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramallosa/node/2257
Isto permitiunos desenvolver tamén un proxecto que lles encanta a péquechos; a nosa “Aula Combo”. Comparto a ligazón para que poidan ver en que consiste:
https://www.ramallosamusical.com/aula-combo
Doutra banda, este banco de instrumentos é vital tamén para outros proxectos desenvolvidos na Área de Educación Musical (Proxecto Ukelele, Percusión tradicional Galega,...).
Se por calquera motivo desexas acollerte a este banco de instrumentos só tés que facernos chegar a petición ao seguinte mail:
Tamén podes facer a xestión a través da ANPA, ou de forma telefónica a través do teléfono de contacto da dirección do centro; 881.866.491.
DONACIÓN DE INSTRUMENTOS
Tamén se poden facer a través da ANPA, doacións altruístas de instrumentos de segunda man para colaborar co banco de instrumentos. Así que se tés un instrumento aparcado do que te queiras desfacer e che apetece donalo, será sempre benvido e darémoslle unha nova vida.
Grazas de antemán polos vosos xestos solidarios!!
![solidaridad.jpeg](https://static.wixstatic.com/media/9388ff_d2d12100dd514d8db199b99ea3abe0e9~mv2.jpeg/v1/fill/w_111,h_64,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,blur_2,enc_auto/solidaridad.jpeg)
![ser-solidario-726x484.jpeg](https://static.wixstatic.com/media/9388ff_b45a00ae384d4071a17a6db60956295f~mv2.jpeg/v1/fill/w_96,h_64,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,blur_2,enc_auto/ser-solidario-726x484.jpeg)